Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.784

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de xuño de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a cobertura mediante nomeamento de persoal interino de catorce postos de traballo de inspectores de turismo (grupo B), convocadas pola Orde do 10 de maio de 1999 (DOG número 91, do 13 de maio).

Advertida a inclusión errónea no listado definitivo de excluído (anexo II) da devandita resolución, páxina 7.615, de: 33.309.639 Bouza López, Jaime Luis, debe incluírse na relación de admitidos (anexo I).