Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta
de Galicia, iníciase expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:
-V-0193; XG-009 entre Lugo-Palas de Rei, con anexo da titularidade da empresa Mourenza y Pardo, S.L.
Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Adtivos. Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes