Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 17 de xuño de 1999 Páx. 7.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de maio de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Ferreiro Melón, Elisa e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: comprobación de valores e liquidacións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Art. 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio da secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificación), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 31 de maio de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Ferreiro Melón, Elisa

DNI: 35848750

San Xoán do Monte, 50 baixo

Vigo

Imposto sucesións e doazóns do

Expte. 442/94-S

documento: 650300053014

Rodríguez Casal, Amalia

DNI: 44471522

Abelenda

Avión (Ourense)

Imposto sucesións e doazóns do

Expte. 1218/94-D

documento: 651300010969

Rodríguez Casal, Amalia

DNI: 34985271

Abelenda

Avión (Ourense)

Imposto sucesións e doazóns do

Expte. 1218/94-D

documento: 651300010970