Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación da contratación do servicio para a realización dunha aplicación informática e desenvolvemento dun sistema de información e xestión das probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Universidades.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: confección dunha aplicación informática e desenvolvemento dun sistema de información e xestión das probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU).

c) Boletín e diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 58, do 25 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 19.500.000 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 4 de maio de 1999.

b) Contratista: G64 Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 18.396.326 ptas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria