Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto por Digna Carballo Lage.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se estima o recurso de reposición interposto por Digna Carballo Lage, con enderezo en San Roque, nº 17-5º, C-27002 Lugo, contra a resolución da citada dirección xeral do 6 de maio de 1998, pola que se lle requiría o reintegro de novecentas dezanove mil cincocentas doce (919.512) ptas., en concepto de cobramento indebido de axuda por enfermidade do fondo de asistencia social.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio:

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedora: Digna Carballo Lage.

NIF: 33.756.793.

Importe: 919.512 ptas.

Concepto: FAS.

Delegacións Economía e Facenda: Lugo.