Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.596

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL COMARCAL DA BARBANZA

ANUNCIO do 8 de xuño de 1999 de posto de coordinador/a asistencial.

A Fundación Pública Hospital da Barbanza convoca o posto de coordinador/ra asistencial, de conformidade co seguinte perfil:

-Titulado superior ou medio en ciencias da saúde.

-Requírese experiencia no ámbito asistencial, na área de dirección hospitalaria e na dirección de equipos de traballo.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo á Fundación Pública Hospital da Barbanza, parroquia de Oleiros, 15960 Ribeira, dirixido á directora da fundación, indicando no sobre a referencia CA, no prazo máximo de dez días naturais contados desde a súa publicación no DOG.

Riveira, 8 de xuño de 1999.

Blanca García Varela

Directora de Fundación Pública

Hospital da Barbanza