Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra clave PO/99/31.3.

a) Obra.

1. Urbanización da rúa Venezuela, concello de Silleda. Convenio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e o Concello de Silleda 20-2-1999.

Clave: PO/99/31.3.

Orzamento: sesenta millóns duascentas trinta e cinco mil seiscentas vintecatro pesetas (60.235.624).

51.200.280 millóns de pesetas serán achegados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; 9.035.344 millóns de pesetas serán achegados polo Concello de Silleda.

Os desembolsos económicos, a medida que se expidan as certificacións de obra, será efectuados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e polo Concello de Silleda de forma proporcional á porcentaxe de participación no financiamento das obras.

85% a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e 15% o Concello de Silleda.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: 1.204.712 ptas.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b)Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c)Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda