Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 14 de xuño de 1999 Páx. 7.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da submistración e instalación de cableado para voz e datos na planta primeira da Casa do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Informática, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 552/113.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación de cableado para voz e datos na planta primeira da Casa do Concello de Vigo.

Unidades que hai que entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.500.000 ptas.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 31 de maio de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde