Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación 1/1999, de asistencias técnicas, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto.

1. Obxecto: contratación de asistencias técnicas para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

2. Fianza provisional: exenta.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 horas a 14 horas na Secretaría da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas nº 4 e 6, baixo.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio

e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre en sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Cabreiroá (Concello de Verín-Ourense) LBP-2691 -ES/OUR-99.02.

Orzamento: vintetrés millóns seiscentas setenta e tres mil oitocentas trinta e dúas (23.673.832) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Vilar de Lebres (Concello de Trasmiras-Ourense) BP-2694 - ES/OUR-99.03.

Orzamento: dezanove millóns trescentas oitenta e nove mil setecentas noventa e seis (19.389.796) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización de planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Niñodaguia (Concello de Baltar-Ourense) LBP-2692 - ES/OUR-99.04.

Orzamento: vintesete millóns setecentas cinco mil trescentas noventa e catro (27.705.394) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a ampliación dos planos parcelarios e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Mundil (Concello de Cartelle-Ourense) LBP-2693 - ES/OUR-99.05.

Orzamento: vintecatro millóns seiscentas dezaseis mil novecentas tres (24.616.903) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos planos e elaboración das bases na zona de concentración parcelaria de Porqueira II (Concello de Porqueira-Ourense) LBP-2734 - ES/OUR-99.06.

Orzamento: trinta e catro millóns duascentas vintenove mil novecentos vintesete (34.229.927) pesetas.

Prazo de execución: vintecatro (24) meses.

Clasificación dos contratistas: non se necesita.

Ourense, 26 de maio de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense