Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/20-2, 5090 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro número 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Badoi e Pesqueira (Xermade).

Situación: Xermade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea o C.T. de Badoi-Pesqueira de 655 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Badoi-Pesqueira de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Badoi-Pesqueira

de 1305 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo