Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0533; XG-035, Avión-Pontevedra, con anexos, por substitución da concesión: V-05333; XG-035, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 10 de marzo de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares M. García Castro, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0533; XG-035, Avión-Pontevedra, con anexos, por substitución da concesión: V-0533; XG-035, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Avión, Amiudal, Couso, Liñares-Beariz-Doade-Portela da Cruz, Borralleiro, Fentosa, Seixido, Antas, A Lama, Caritel, Ponte-Caldelas, Tourón, Santana, Vilarchán, A Reigosa, A Ermida, empalme Montecelo, San Mauro e Pontevedra.

-Caritel, Forzáns, Gaxate, Berducido, Areas, Piñeiro, Maceira, Godóns, Petán e A Cañiza.

-Pontevedra, cruzamento N-550/PO-243, Pazos, A Ermida, Tombo e Ponte Bora.

-A Reigosa, Xustáns e Taboadelo.

-A Lama e Racelo.

-Empalme de Montecelo e Montecelo.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Avión e Beariz, puntos intermedios e viceversa.

-De Pontevedra para Montecelo e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

-Avión-Beariz-A Lama-Ponte-Caldelas-Pontevedra (63,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

-A Cañiza-Caritel-Ponte Caldelas-Pontevedra (63,5 km).

Unha expedición de ida e volta os luns laborables.

-A Cañiza-Caritel-Ponte Caldelas (45 km).

Unha expedición de ida e volta os días 5 e 20 de cada mes.

-Berducido-Ponte Caldelas-Pontevedra (31,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Lama-Ponte Caldelas-Pontevedra (25 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

-A Lama-Ponte-Caldelas-empalme Montecelo-Montecelo-empalme Montecelo-Pontevedra (27 km).

Unha expedición de ida e volta diaria.

-Ponte-Caldelas-Pontevedra (28,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables do 1 de outubro ó 30 de xuño.

-Ponte Bora-A Ermida-Pazos-cruzamento N-550/PO-243-Pontevedra (7 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Taboadelo-A Reigosa-A Ermida-Pazos-cruzamento N-550/PO-243-Pontevedra (13,1 km).

Unha expedición de ida e volta os días 1 e 15 de cada mes.

-Taboadelo-A Reigosa-Ponte Caldelas (14 km).

Unha expedición de ida e volta os días 5 e 20 de cada mes.

-A Lama-Racelo (2,2 km).

Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Dúas expedicións de ida e volta os sábados.

Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,615 ptas.

Tarifa usuario: 10,288 ptas.

Exceso de equipaxe e encargos (excluído IVE): 1,442 ptas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes