Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 2 de abril de 1998 (BOE do 29) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, a favor de José Luís Iglesias Sánchez con documento nacional de identidade número 35.265.552, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Iglesias Sánchez catedrático de universidade da área de coñecemento de economía financeira e contabilidade, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou, neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/99, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 20 de maio de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo