Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 11 de xuño de 1999 Páx. 7.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (código convenio 3200722), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, o día 7-4-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de maio de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Unidad de Vehículos Industriales, S.A. (Unvi)

Revisión convenio colectivo 1999

Acta de acordo.

En San Cibrao das Viñas, o día 7 de abril de 1999, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da compañía Unvi, S.A. formada polos seguintes membros:

Pola dirección da empresa: Javier González Pereira, Juan Manuel Ocampo Salgado e Ramón F. González Doniz.

Polo comité de empresa: Manuel Álvarez González, Narciso Martínez Ojea, Félix Chaudarcas Gómez, Fernando Fernández González e Francisco Núñez Iglesias.

Os negociadores acadaron un acordo defintivo para a revisión dos puntos comprometidos para o exercicio 1999, respecto do convenio colectivo subscrito durante o ano 1993 cunha vixencia de dous anos,

Acordan:

1. Aproba-las táboas salariais vixentes a partir do día 1 de xaneiro de 1999, que se xuntan como anexo I a este documento e que son as vixentes o 31 de de decembro de 1998, incrementadas nas seguintes cantidades:

-Un 1,9% correspondente ó IPC de 1993 (1,4%) máis o 0,5% pactado polos negociadores no acordo final sobre o contido do convenio.

-4.000 ptas. mensuais procedentes das que os traballadores veñen percibindo polo concepto de retribución voluntaria.

2. Aproba-lo complemento de antigüidade que se establece na táboa que se achega como anexo II.

3. Aproba-lo incremnto da póliza de seguros en 1.000.000 de ptas. a partir do día 1 de xaneiro de 1999, para tódalas continxencias previstas.

4. Presentar este acordo e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para a súa inscrición no corres

pondente libro rexistro da dita delegación, e notificación as represntacións económica e social da comisión negociadora.

5. Solicita-lo depósito do acordo no Servicio de Relacións Laborais Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación da provincia de Ourense.

6. As partes negociadoras apodéranse reciprocamente para que calquera delas poida realiza-las operacións pactadas nos números anteriores ante o organismo público competente.

7. Unha vez redactada e lida a acta da reunión é aprobada por unanimidade, asinando esta tódolos asistentes en proba de conformidade.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión no lugar e na data expresados no encabezamento.

Táboa salarial convenio 1999

CategoríaSub-Cat. ASub-Cat. B

Persoal obreiro
Peón4.0683.540
Especialista4.0983.570
Oficial de 3ª4.1523.623
Oficial de 2ª4.2193.690
Oficial de 1ª4.3183.789
Traballador menor 18 anos4.0683.540

Persoal subalterno
Almaceneiro4.0303.540
Probador4.1803.690
Listeiro4.1133.623
Recepcionista4.0303.540
Vixilante4.0303.540
Ordenanza4.0303.540
Porteiro4.0303.540
Conserxe4.0303.540
Chofer turismo4.1803.690
Chofer camión4.2783.789
Telefonista4.1133.623

Persoal técnico
Mestre taller4.9884.498
Xefe de taller5.1214.631
Encargado4.9884.498
Titulado medio5.1214.631
Titulado superior5.3294.838
Delineante proxectista4.8274.338
Delineante de 1ª4.2783.789
Calcador-reproductor4.1133.623
Delineante de 2ª4.1803.690
Controlador4.1803.690
Téc. organización 1ª4.2763.789
Téc. organización 2ª4.1803.690
Aux. organización 1ª4.1133.623
Aux. organización 2ª4.0613.570

Persoal administrativo
Aux. administrativo4.1133.623
Oficial Admvo. de 1ª4.2788.789
Oficial Admvo. de 2ª4.1803.690
Viaxante ou vendedor4.1133.623
Xefe Admvo. de 1ª4.3343.845
Xefe Admvo. de 2ª4.2783.789
Caixeiro4.1133.623
Xefe almacén4.2783.789
Xefe contabilidade4.3343.845
ATS5.1214.631
Traductor idiomas4.1803.690
Programador4.1803.690
Analista4.1803.690

Antigüidade-Quinquenio

Categoría6% antigüidade

Persoal obreiro
Peón218
Especialista220
Oficial de 3ª223
Oficial de 2ª227
Oficial de 1ª233
Traballador menor 18 anos218

Persoal subalterno
Almaceneiro216
Probador225
Listeiro221
Recepcionista216
Vixilante216
Ordenanza216
Porteiro216
Conserxe216
Chofer turismo225
Chofer camión230
Telefonista221

Persoal técnico
Mestre taller271
Xefe de taller279
Encargado271
Titulado medio279
Titulado superior291
Delineante proxectista262
Delineante de 1ª230
Calcador-reproductor221
Delineante de 2ª225
Controlador225
Téc. organización 1ª230
Téc. organización 2ª225
Aux. organización 1ª221
Aux. organización 2ª221

Persoal administrativo
Aux. administrativo221
Oficial Admvo. de 1ª230
Oficial Admvo. de 2ª225
Viaxante ou vendedor221
Xefe Admvo. de 1ª234
Xefe Admvo. de 2ª230
Caixeiro221
Xefe almacén230
Xefe contabilidade234
ATS279
Traductor idiomas225
Programador225
Analista225