Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 3 de maio de 1999, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a adquisición dun sistema de xestión integrado para o Concello de Lugo, por este anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición ou aluguer, adaptación personalizada, instalación, formación, proba, posta en funcionamento e mantemento dun sistema de xestión integral para o Concello de Lugo, segundo as características técnicas que figuran no prego de condicións técnicas e que incluía, como mínimo, os seguintes módulos ou lotes:

Lote nº 1, xestión tributaria e augas, importe 25.000.000 de ptas.

Lote nº 2, xestión contable, importe de 14.000.000 de ptas.

Lote nº 3, padrón habitantes, importe de 4.000.000 de ptas.

Lote nº 4, xestión de persoal, importe de 6.000.000 de ptas.

Lote nº 5, rexistro e seguimento de expedientes, importe de 1.000.000 de ptas.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de execución do contrato será de 4 meses, para a implantación dos sistemas, desde a data da notificación da adxudicación. Este contrato obrigará o adxudicatario ó mantemento durante 4 anos, e a partir deste período ofertarase o custo anual non podendo incrementarse máis có IPC.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o prezo do contrato non poderá ser superior a 50.000.000 de ptas., (IVE incluído), que serán pagadas polo sistema de leasing ou aluguer en 48 mensualidades dun máximo de 1.250.000 ptas. cada unha, e a un valor residual de cero ptas. Os ofertantes presentarán a súa propia oferta de leasing (se optan por este sistema) aínda que esta entidade se reserva o dereito a negocialo por si mesma en caso de ser do seu interese.

5. Garantías.

Provisional: o 2% de cada un dos lotes ó que se presente oferta.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: 982 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 71 03, 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de xullo de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de rexistro ou ben nos lugares do prego de condicións.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 12 de maio de 1999.

Visto e Prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria