Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 10 de xuño de 1999 Páx. 7.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/7-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., Granxa de Coren A Piúca.

Situación: Maceda.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.386 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. existente a Granxa de Coren A Piúca e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Granxa de Coren A Piúca.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 5 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4753