Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación de subministración.

1. Entidade adxudicadora.

Concello do Porriño; Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Subministración dun camión de bombeiros para o servicio contra incendios.

b) O adxudicatario está obrigado a entrega-lo vehículo no prazo de 15 días contados desde a adxudicación definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O prezo do contrato ascende a 21.000.000 de ptas. Na dita cifra queda incluído o imposto sobre o valor engadido.

5. Garantías.

Provisional: 420.000 ptas. equivalente ó 2% do orzamento do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Domicilio: r/ Antonio Palacios, nº 1, 36400.

c) Teléfono: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.

d) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

8. Publicación do anuncio de licitación.

Este anuncio publicarase no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

9. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último dos anuncios a que se refire o punto anterior.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 16ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño, das 9 ás 13 horas os días hábiles.

10. Apertura de ofertas.

Salón de actos do concello ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó do termo do prazo sinalado no punto anterior.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Porriño, 27 de maio de 1999.

O alcalde

Rubricado