Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso publico, con procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación da obra de expediente 301/1999.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo : Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e de estudio de seguridade e saude da ampliación da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación e nova ETS de Enxeñería de Minas.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: o que se indique no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o 19 de xullo de 1999.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: 1ª entidade: Rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 60 días contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas o día 28 de maio de 1999.

Vigo, 28 de maio de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo