Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos 4 e 5/1998.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación dos seguintes concursos:

-C.P. 4/1998 (lote único):

Obxecto: servicio de limpeza no C.S. de Caranza, e nos C.S. e P.A.C. de Narón e Ortigueira e nos Consultorios de Pedroso, O Val e Mera.

Importe da adxudicación: 26.169.060 ptas./ano.

Adxudicatario: Clece, S.A.

-C.P. 5/1998 (3 lotes)

* Lote 1:

Obxecto: servicio de vixilancia no ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol.

Importe da adxudicación: 14.402.136 ptas./ano.

Adxudicatario: Prosesa.

* Lote 2:

Obxecto: servicio de vixilancia no C.S. de Caranza.

Importe da adxudicación: 4.324.308 ptas./ano.

Adxudicatario: Prosesa.

* Lote 3:

Obxecto: servicio de vixilancia no C.S. e P.A.C. de Cedeira.

Importe da adxudicación: 5.878.416 ptas./ano.

Adxudicatario: Prosesa.

Ferrol, 6 de maio de 1999.

Luis Verde Remeseiro

Director da Xerencia de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol