Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Federación Gallega de Empresarios de Ambulancias.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os

efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 11 de maio de 1999 certificación expedida polo secretario da devandita federación, Félix Camaño Blanco, avalada co visto e prace do seu presidente, Primo Pérez Pérez, na que se recollen os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 16 de xaneiro de 1997, e que se concreta na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais