Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/141-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T. Casablanca. Os Castros.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: retranqueo L.M.T.S. a 15/20 kV de 1.460 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. A Grela-Boavista ramal ó porto e remate no C.S. San Diego. 2 C.S. de peirao Oza, porto San Diego prefabricados. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña