Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Brea, Lamela e Ximonde (Palas de Rei).
Situación: Palas de Rei.
Descricións técnicas: L.M.T. o C.T. de Brea de 333 metros a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. L.M.T. o C.T. de Ximonde de 73 metros a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. C.T.I. de Brea de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T.I. de Ximonde de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Brea de 780 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Ximonde de 2.850 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 21 de abril de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo