Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, as obras de conexión do IES Fernando Wirtz co CEIP Concepción Arenal na Coruña e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: conexión do IES Fernando Wirtz co CEIP Concepción Arenal na Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Importe total: 28.565.550 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.2. a) Descrición do obxecto: ampliación do IES de Arzúa.

b) Lugar de execución: Arzúa.

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Importe total: 28.436.489 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.3. a) Descrición do obxecto: sustitución carpintería exterior e varios no CEIP Felipe Castro, Noia.

b) Lugar de execución: Noia.

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Importe total: 21.825.112 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías.

Exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pasarase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 31 de maio de 1999.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña