Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se autoriza a implantación do novo bacharelato nas súas distintas modalidades en determinados institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994, autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación en determinados centros das modalidades de bacharelato previstas no Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-los centros que se relacionan no anexo da presente orde para implantaren de xeito progresivo o bacharelato segundo o currículo aprobado polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-A implantación das ensinanzas do novo sistema educativo suporá a extinción progresiva dos grupos correspondentes a plans de estudios derivados da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás as excepcións que, debidamente xustificadas, sexan autorizadas por esta consellería.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Autorizacións de novos bacharelatos: curso 1999/2000.

Provincia: A Coruña.

Concello: Carballo.

IES Monte Neme (código 15002591).

a) Bacharelato de tecnoloxía.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

IES María Sarmiento (código 27013636).

Autorízase a implantación do novo bacharelato da modalidade de humanidades e ciencias sociais, en substitución do bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

Provincia: Ourense.

Concello: Bande.

IES de Bande (código 32016340).

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

Concello: O Carballiño.

IES Manuel Chamoso Lamas (código 32015037).

a) Bacharelato de tecnoloxía.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Moaña.

IES As Barxas (código 36018999).

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

IES A Paralaia (código 36004745).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

Concello: Pontevedra.

IES A Xunqueira (código 36014489).

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

Concello: Tui.

IES Francisco Sánchez (código 36014544).

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.