Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S.-sobremuro.
Situación: Teo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 350 m de lonxitude, en conductor R.H.V., de 240 mm Al, que parte da L.M.T. ó C.T. Teo-Vilagarcía S.L. con entrada e saída no C.T. sobremuro de 400 kVA e rede de baixa tensión de 225 m. Concello de Teo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña