Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.152

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (26/1999-M).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal de faltas número 26/1999, que neste xulgado se segue por furto, se dictou sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 1999, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz accidental do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia 26/1999, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública, doutro, como denunciante, David Araújo Vilar; como denunciados, Luis Felipe Valente Santos e Víctor Manuel González Gao.

Que debo condenar e condeno a Luis Felipe Valente Santos como autor dunha falta de furto á pena de 3 fins de semana de arresto e ó aboamento das custas. Absólvese a Víctor Manuel González Gao polos feitos xulgados.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a David Araújo Vilar, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dez de maio de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado