Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 08 de xuño de 1999 Páx. 7.087

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai públia a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, porfesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos devanditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Transcorridos os prazos previstos na Resolución do 30 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio), pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos, convocados por Orde do 15 de marzo de 1999. Esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecementos de lingua galega e lingua castelá nos anexos I, II, III e IV desta resolución respectivamente.

Segundo.-Declarar excluídos definitivamente os aspirantes que figuran no anexo V desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal