Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada o 8 de abril de 1999 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por instancia de Francisco Javier Rodríguez López o proxecto de urbanización de ampliación e mellora da vía Camiño do Castro-Oira, do PXOU de Ourense, logo do depósito de garantía polo importe dun millón duascentas cincuenta e seis mil cincocentas vintecinco pesetas, (1.256.525 ptas.) para asegura-lo seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

No obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puideran concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de abril de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente