Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo, na súa sesión do día 20 de maio de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial aprobado para un sector de SUNP-Área 2 na Zapateira, promovido pola Sociedade Manso Sol, S.L. e redactado polo arquitecto Luis Silva Rodríguez, condicionando a aprobación definitiva á reparación de determinados extremos.

Somete-lo documento a información pública por prazo dun mes.

O prazo contarase desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o documento nas oficinas do Servicio de Urbanismo do concello e formula-las alegacións que considere oportunas.

Culleredo, 24 de mayo de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde