Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, por urxencia, a licitación polo sistema de concurso, polo procedemento aberto, das obras R-AC-99.16 e AC-99-105 Arteixo.

A) Obras:

Clave: R-AC-99.16.

Título: limpeza de foxos, recargo e tratamentos superficiais na estrada AC-433 de Laxe a AC-432.

Orzamento: corenta millóns cincocentas cincuenta e unha mil cento trinta e oito (40.551.138) pesetas.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: oitocentas once mil vintetrés (811.023) pesetas.

Clave: AC-99-105 Arteixo.

Título: pasarela de enlace peonil, entre a AC-410 e a AC-411 na rotonda de Sabón. Concello de Arteixo.

Orzamento: vinteún millóns novecentas oitenta mil setecentas trinta e nove (21.980.739) pesetas.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría a.

Grupo B, subgrupo 2, categoría a.

Grupo B, subgrupo 4, categoría b.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: catrocentas trinta e nove mil seiscentas quince (439.615) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior, agás nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas (LCAP) e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Capacidade das empresas para contratar coa Administración autonómica:

Neste caso está determinado no Art. 15 da LCAP.

F) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica:

Deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da LCAP.

G) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, ou envialas por correo ó mesmo enderezo, dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

H) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

I) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de maio de 1999.

P.D.(Orde 7-5-1999)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña