Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 07 de xuño de 1999 Páx. 7.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de xuño de 1999 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Orde do 2 de decembro de 1996 para o acceso ás categorías 3 e 11 correspondentes ó grupo V e 21 correspondente ó grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso ás distintas categorías dos grupos I, II, III, IV e V, sendo elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro), a Orde do 22 de decembro de 1998 (DOG nº 19, do 29 de xaneiro), así como a sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, do 19 de maio de 1999, recaída no procedemento abreviado 84/99-A. Por todo o exposto e de acordo co disposto na base V da convocatoria esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ás categorías 3 e 11 correspondentes ó grupo V e 21 correspondente ó grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia para a elección de destino, en único chamamento, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, o día 16 de xuño de 1999 pola seguinte orde:

-Ás 9 horas o grupo V, categoría 11 (limpador/a e outros).

-Ás 16 horas o grupo V, categoría 3 (ordenanza e outros).

-Ás 17.30 horas o grupo IV, categoría 21 (oficial 2ª carpintería e outros).

Dentro de cada unha das categorías de cada grupo terán preferencia para a elección de destino os aspirantes da quenda de promoción interna, e, dentro destes, a preferencia virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo.

Elixido o destino polos aspirantes da quenda de promoción interna, elixirán destino os da quenda libre segundo a súa orde de prelación.

A referenciada orde de prelación dos aspirantes e os destinos ofertados será a que figura para cada categoría no anexo da presente convocatoria.

Os postos de traballo adxudicados terán a natureza de destino definitivo de acordo co disposto no artigo 7.2º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo a orde de publicación destes e a orde de prelación obtida nos procesos selectivos, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ós aspirantes presentes ou representados, e entre os que quedaron sen adxudicar.

Os aspirantes que superasen o acceso a algunha das categorías que figuran na presente convocatoria para a elección de destino, e que estean prestando os seus servicios noutra categoría corpo ou escala da Xunta de Galicia, elixirán destino ou, de non facelo, pasarán á

situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na categoría que superou de acordo co artigo 26.4º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Neste último caso deberán presentarse ó chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal na que conste que o interesado presta os seus servicios na actualidade.

Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que acceda pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme ós artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Descrición dos códigos dos postos

I. Consellerías.

A consellería á que pertence o posto está definida polos dous primeiros caracteres da columna «CÓDIGO DE POSTO» segundo o seguinte criterio:

AG. Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU. Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED. Educación e Ordenación Universitaria.

EF. Economía e Facenda.

FA. Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC. Industria e Comercio.

MA. Medio Ambiente.

OT. Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE. Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR. Presidencia e Administración Pública.

SA. Sanidade e Servicios Sociais.

XU. Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

II. Titulación.

6001. Certificado de escolaridade.

6003. Segundo convenio.

III. Observacións.

A16. Xornada mañá-tarde.

A17. Xornada mañá ou tarde.

A18. Media xornada.

A19. 2 horas diarias.

A20. 3 horas diarias.

A21. 4 horas diarias.

A22. 12 horas semanais.

A24. 18 horas semanais.

A55. Media xornada (75 horas semanais).

B09. Laboral fixo-discontinuo.

B19. A tempo parcial.

CU. Posto pertencente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

D02. A tempo parcial 9,5 meses.

L01. Inclúe limpeza centro recursos.

L02. Inclúe limpeza do Cefocop.