Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 04 de xuño de 1999 Páx. 6.956

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (70/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada nas actuacións de xuízo dde faltas que neste xulgado se seguen co número 70/1999, cítase ó denunciado José A. León, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 9 de xuño ás 12.10 horas compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.

O/A secretario/a

Rubricado