Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Castelo.
Situación: Mellid.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 15 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña que alimenta o C.T. Castelo (expediente 27383) e remate no C.T. Castelo. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en Castelo, do que parte rede subterránea de baixa tensión en conductor RV de 50 m de lonxitude. Melide.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 3 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña