Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: non consta, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., enlace Laracha-Sabón, reforma C.T. Baiuca.
Situación: Arteixo.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 710 m de lonxitude, con orixe na liña Arteixo-Lañas (expediente 27.134) e remate no C.T. Baiuca (expediente 52.510). Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 29 de abril de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña