Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 03 de xuño de 1999 Páx. 6.880

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de maio de 1999 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Por orde desta consellería do 30 de outubro de 1998 (DOG nº 194, do 6 de outubro) nomeáronse os membros dos tribunais que cualifican os procesos selectivos para o acceso ós distintos corpos xerais da Administración da Xunta de Galicia.

Presentadas renuncias por parte de Manuel Valebona Refojos e Jesús Piñeiro Martínez como vocais titular e suplente do tribunal C1 encargado de cualifica-lo proceso selectivo correspondente ó corpo administrativo da Xunta de Galicia e de conformidade co disposto no artigo 7 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la renuncia de Manuel Valebona Refojos como vocal titular do tribunal C1 e nomear no seu lugar a Raquel Souto García, funcionaria da Xunta de Galicia.

Segundo.-Acepta-la renuncia de Jesús Piñeiro Martínez, vocal suplente do tribunal C1 e nomear

no seu lugar a Esther Carreiras López, funcionaria da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública