Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 5 de maio de 1999, a acta do II congreso do Sindicato de Trabajadores Independientes de Comercio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Fetico-Galicia), celebrado na Coruña o día 20 de setembro de 1998, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas por unanimidade no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do II congreso de Fetico-Galicia, como compoñentes da mesa do congreso, Manuel Rodríguez Gómez, como secretario e Belén Matilla Cortés, como presidenta.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais