Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/152-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T e C. seccionamento prolongación Manuel de Castro.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 910 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde as liñas B.A.L. 7.18 e B.A.L. 7.20, en arqueta existente no cruzamento das rúas Florida e Manuel de Castro ata o cruzamento das rúas Castelao e prolongación Manuel de Castro, Concello de Vigo. Centro de seccionamento na prolongación Manuel de Castro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra