Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, da obra: carpintería exterior no CEIP Manuel Cordo Boullosa de Pontecaldelas e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: carpintería exterior no CEIP Manuel Cordo Boullosa-Pontecaldelas.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 8.605.171 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 172.103 ptas., correspondente ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.2.a) Descrición do obxecto: cubertas e arranxos varios no edificio escolar e comedor do CEIP da Cañiza.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 12.540.958 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 250.819 ptas., correspondente ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.3.a) Descrición do obxecto: carpintería exterior e interior e aseos no CEIP Carballal-Marín.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 9.628.872 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 192.577 ptas., correspondentes ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.4.a) Descrición do obxecto: reparación aseos e cuberta no CEIP Curros Enríquez-Pazos de Borbén.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 13.492.104 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 269.842 ptas., correspondentes ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.5.a) Descrición do obxecto: reforma de porche, reparación de fachadas e ximnasio no CEIP Fornelos de Montes.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 9.590.070 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 191.801 ptas., correspondente ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

2.6.a) Descrición do obxecto: solado de pista e patios no IES Salvador Moreno-Marín.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 14.914.746 ptas., IVE incluído.

d) Fianza provisional: 298.295 ptas., correspondentes ó 2% do orzamento da obra.

e) Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral «A», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas «B», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica «C», a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria

de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 19 de maio de 1999.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra