Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.808

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, con

vocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 20 de xaneiro de 1998 (BOE do 11 de febreiro de 1998) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito procesual.

Praza nº: 1555/1998.

Comisión titular:

Presidente: Juan Luis Gómez Colomer, catedrático universitario. Universidade Jaume I de Castellón.

Vocal secretario: Lotario Vilaboy Lois, titular universitario. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Manuel Peláez del Rosal, catedrático universitario. Universidade de Córdoba.

Vocal 2º: Victoria Luisa Ortega Benito, titular universitario. Universidade de Cantabria.

Vocal 3º: Julio José Banacloche Palao, catedrático universitario. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Francisco Ramos Méndez, catedrático universitario. Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.

Vocal secretario: Vicente Guzmán Fluja, titular universitario. Universidade Carlos III de Madrid.

Vocal 1º: Tomás Muñiz Rojas, catedrático universitario. Universidade de Granada.

Vocal 2º: Fernando Huidobro Escalante, titular universitario. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: Nuria Torres Rosell, titular universitario. Universidade de Granada.