Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.805

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1999, da Comisión de Selección para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, pola que se fan públicas as notas do primeiro exercicio e se convocan os aspirantes que o superasen para a realización das probas prácticas entre os días 7 e 17 de xuño.

Realizadas os días 22 e 23 de maio as probas do primeiro exercicio do proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, regulado na orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do 24 de novembro de 1998, e despois da súa corrección e da revisión das impugnacións presentadas.

En cumprimento das fases da elaboración previstas na base terceira da citada Orde do 30 de outubro de 1998

ACÓRDASE

Publica-las notas obtidas polos aspirantes que se presentaron ás devanditas probas.

Convoca-los aspirantes que superasen a nota mínima de 10 puntos no primeiro exercicio á realización das probas prácticas entre os días 7 e 17 de xuño de acordo co calendario que estará exposto nos lugares indicados no parágrafo seguinte.

As listas coas notas e o calendario das probas prácticas estarán expostos nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como na Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

Juan Manuel Cotanda Bueno

Presidente da Comisión de Selección