Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 02 de xuño de 1999 Páx. 6.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de maio de 1999, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 103, do 1 de xuño de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 6.679 e antes do anexo II debe engadirse o seguinte:

NOVAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

480. Doutor (mérito).

781. 3 anos experiencia mínima análise química (R.I.).

782. Experiencia xestión/dirección programas investigación forestal (3 anos) (R.I.).

783. Experiencia xestión/dirección programas investigación forestal (5 anos) (R.I.).

784. Experiencia avaliación ambiental (R.I.).

785. Experiencia avaliación ambiental.

786. Experiencia declaración impacto ambiental e actuacións ambientais.

787. Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicos ambientais.

788. Experiencia xestión medioambiental.

789. Experiencia xestión residuos (R.I.).

790. Experiencia xestión residuos industriais.

791. Experiencia xestión solos contaminados e tramitación de RP'S.

792. Experiencia denuncias ambientais (R.I.).

793. Experiencia defensa contra incendios.

Así mesmo, en tódalas cabeceiras correspondentes á RPT de persoal laboral, onde di: «Gratificación de convenio», debe dicir: «Complemento de convenio».