Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre aprobación definitiva das NN.SS. de Melide.

O Concello de Melide, na sesión plenaria do 26 de abril de 1999, acordou aprobar definitivamente

a modificación puntual das NN.SS. en terreos situados entre o Camiño de Santiago-campo da Feria e rúa Gaiteiros os Garceiras, co obxecto de abrir unha nova rúa perpendicular á de Gaiteiros os Garceiras, todo iso de conformidade coa documentación redactada polo arquitecto Luis Hermida González.

O dito acordo pon fin á vía administrativa e contra el pode interporse recurso contencioso-administrativo perante a sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que se considere conveniente.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 48.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Melide, 4 de maio de 1999.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde