Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 93, do 19 de maio de 1999, foron publicadas integramente as bases para prover, por oposición libre, dúas prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal de funcionarios e incluídas na oferta de emprego público deste concello, correspondente ó ano 1998.

De conformidade co establecido no R.D. 896/1991, o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lalín, 21 de maio de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental