Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación número 5924.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Edusol, S.L., con enderezo en rúa de Industria, parcela 108, 27290 Lugo, presentou nesta delegación provincial, o día 25 de maio de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Edusol, de 110 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e outros, que se sitúa nos concellos de Monterroso e Palas de Rei da provincia de Lugo e á que lle correspondeu o número 5924 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 50' 00''42º 55' 40''

2-7º 50' 00''42º 52' 20''

3-7º 48' 00''42º 52' 20''

4-7º 48' 00''42º 50' 00''

5-7º 51' 20''42º 50' 00''

6-7º 51' 20''42º 55' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente salvo mellor dereito e sen perxuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 11 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo