Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Vigo 31.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Elias Pardo alimen
tando en bucle ó C.T. que se proxecta na Avda. de Vigo 31, concello de Pontevedra, rematando na mesma liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra