Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. avenida de Galicia.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 168 m de lonxitude, con conductor tipo
R.H.V., desde a apoio N.1 da derivación da L.M.T. A.T.I. 726 ó C.T. Ramiráns ata o C.T. de Ramiráns, Concello do Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 15 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra