Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/155-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. polígono industrial A Cañiza.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 299 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n penúltimo anterior ó polígono industrial da Cañiza da L.M.T. F.R.I. 805 ata o polígono industrial da Cañiza, concello da Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra