Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Santo Antoniño-Porriña.
Situación: Barro.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 501 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Tibo-Arcos ata o C.T. existente de Santo Antoniño, Concello de Barro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de abril de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
4305