Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.722

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (40/1999).

Eu, Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Manuel Codesido Vázquez contra Galaicagás, S.L., sendo tamén parte FOGASA, nos que con esta data se dictou resolución do seguinte teor literal:

«Providencia maxistrado xuíz Mata Lostes.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1999.

Dada conta; por modificación do réxime de sinalamentos deste xulgado, suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 19 de maio e sinálase novamente para o día 16 de xuño, ás 10 horas. Débese expedir para os devanditos efectos as correspondentes cédulas de citación e edicto ó Diario Oficial de Galicia para a citación do demandado en paradoiro descoñecido, reiterándolles ás partes as mesmas prevencións e requirimentos que os efectuados para o primeiro dos sinalamentos. Notifíquelles ás partes, facéndolles saber que non é firme e que cabe interponer recurso de reposición perante este mesmo xulgado no prazo de tres días.

Acórdao, mándao e asínao S. Sª, do que dou fe».

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado, Galaicagás, S.L., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1999.

O secretario

Rubricado