Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.721

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (149/1998).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 149/1998, que neste xulgado se segue por lesións e furto, dic

touse sentencia que ten o encabezamento e a decisión do teor literal seguinte:

«Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 149/1998, seguidos neste xulgado sobre lesións e furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciantes-denunciadas Mónica Seco Gómez e Beatriz Cañestro Fernández.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Mónica Seco Gómez e Beatriz Cañestro Fernández das faltas de furto e agresión polas que, respectivamente, foron denunciadas declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a Mónica Seco Gómez, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado