Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (265/1997).

En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Ana López-Suevos Franguela, no xuízo verbal de faltas 265/1997 que se segue neste xulgado por malos tratos e danos, cítese en legal forma a José Manuel Pérez Lorenzo en calidade de denunciado, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día catorce de xullo, ás 9.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos os que hubese lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino esta cédula en Ribeira o seis de maio de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado